Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 12 de abril de 2018 Páx. 20161

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3457/2015 IP).

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 3457/2015 IP

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 694/2014. Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrente: Fogasa

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Recorridos: María del Carmen González Crujeiras, administración concursal de Pescados Juan Fernández (Diego Comendador Alonso), Pescados Juan Fernández, S.L.

Avogado: Gil Alfonso López Pérez

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3457/2015 desta sección, seguido por instancia de Fogasa contra María del Carmen González Crujeiras, administración concursal de Pescados Juan Fernández (Diego Comendador Alonso), Pescados Juan Fernández, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo que, por todo o exposto, en nome do rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu desestimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo avogado do Estado en representación do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), contra a Sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 16 de novembro de 2015, no recurso de suplicación número 3457/2015, interposto polo Fogasa contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 dos de Santiago de Compostela, nos autos 694/2014, seguidos por instancia de Carmen González Crujeiras en reclamación por despedimento obxectivo, contra a empresa Pescados Juan Fernández, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa). Con imposición das custas ao recorrente.

Devólvanse as actuacións ao órgano xurisdicional de procedencia, coa certificación e comunicación desta resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa.

Así se acorda e asina. Seguen as sinaturas e a publicación.

Para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Juan Fernández, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza