Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 12 de abril de 2018 Páx. 20141

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta o disposto no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas coa expresión da convocatoria, o programa, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Así, de conformidade coa normativa indicada, procédese a seguinte publicación:

Convocatoria: Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

Programa: Iniciativa Xove. Subvencións concedidas a entidades xuvenís do ámbito provincial de Pontevedra, cuxa resolución corresponde á xefa territorial, por delegación do conselleiro de Política Social, segundo o disposto na disposición adicional segunda da Orde do 11 de abril de 2017.

Crédito orzamentario 55.686,88 € (cincuenta e cinco mil seiscentos oitenta e seis euros con oitenta e oito céntimos), para o ámbito provincial. Crédito orzamentario total da convocatoria 545.161,57 € (cincocentos corenta e cinco mil cento sesenta e un euros con cincuenta e sete céntimos). Aplicación orzamentaria 2017.12.05.313A.481.0 Código de procedemento BS306B.

Finalidade: fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Entidades beneficiarias e contía: as entidades beneficiaras de ámbito provincial ou inferior e o importe concedido relaciónanse no anexo á resolución.

Vigo, 2 de marzo de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Número de proxecto

Proxecto

CIF

Entidade beneficiaria

Subvención concedida

2017/1-5

Posicionamento das empresas do medio rural na rede

G360600341

Asociación Efa A Cancela

5.000,00 €

2017/3-5

Novos usos para os nosos vellos barcos

G36472306

Asociación Recreativa e Cultural Sueste

3.510,31 €

2017/4

¿E ti que prefires? Xuventude que emprende ou xuventude participativa

G36124279

Asociación Érguete Baixo Miño

5.000,00 €

2017/5

Revolta do Umia

G36405769

Asociación Cultural e Xuvenil Río Gallo

5.000,00 €

2017/6

Grupo autoxestores

G36697324

Down Vigo

5.000,00 €

2017/7

Proxecto de ocio e expresión corporal

G36164887

Asoc. Down Pontevedra Xuntos

4.976,57 €

2017/8

Unha aventura por vivir

G36637890

Club Montañeiros Celtas

5.000,00 €

2017/11

V Edición do programa I+I+D

G36917037

Asociación Xogais

5.000,00 €

2017/13

Mes de/a okupación moceiril

G36744951

Asoc. Xuntanza Xuvenil de Valladares

5.000,00 €

2017/14

Bule-bule

G36636538

Asoc. Xentenova

3.000,00 €

2017/15

Xornadas de formación no liderazgo xuvenil

G36619039

Asoc. Albeiro

4.200,00 €