Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 9 de abril de 2018 Páx. 19363

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4987/2017).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 4987/2017

Xulgado de orixe/autos: p. oficio autoridade laboral 890/2016, Xulgado do Social número 2 de Lugo

Recorrente: Consellería de Economía, Empleo e Industria

Avogado: letrado da comunidade

Recorridos: José Luis Braña Fanego, Santiago Alberto Rivera Seara, Ovidio Segundo Alberto Ramírez, Francisco Castiñeira García, Tomás Cándido Fernández Fernández, Fernando Fernández Fernández, Rafael Muíño Gómez, Valentín Eijo Otero, Óscar José Ramos Barreiro e Gesgrob Burela, S.L.

Avogada: Miriam Elena Blázquez Astorga

Edicto.

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4987/2017 desta sección, seguidos por instancia da Consellería de Economía e Industria contra José Luis Braña Fanego, Santiago Alberto Rivera Seara, Ovidio Segundo Alberto Ramírez, Francisco Castiñeira García, Tomás Cándido Fernández Fernández, Fernando Fernández Fernández, Rafael Muíño Gómez, Valentín Eijo Otero, Óscar José Ramos Barreiro e Gesgrob Burela, S.L., sobre regulación de emprego, se ditou sentenza con data 9 de febreiro de 2018, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: desestimando o recurso de suplicación articulado pola Xunta de Galicia-Consellería de Economía, Emprego e Industria contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Lugo, de data 26 de maio de 2017, en autos nº 890/2016, instados pola entidade aquí recorrente fronte á mercantil Gesgrob Burela, S.L., e os traballadores José Luis Braña Fanego, Santiago Alberto Rivero Seara, Ovidio Segundo Alberto Ramírez, Francisco Castiñeira García, Tomás Cándido Fernández Fernández, Fernando Fernández Fernández, Rafael Muíño Gómez, Valentín Eijo Otero e Óscar José Ramos Barreiro, sobre procedemento de oficio, confirmamos a resolución de instancia. Ha de darse aos depósitos e consignacións, se houbese, o destino legal correspondente.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste Tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Luis Braña Fanego, Ovidio Segundo Alberto Ramírez e Tomás Cándido Fernández Fernández, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza