Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 9 de abril de 2018 Páx. 19385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada nun procedemento tramitado por esta entidade (expediente 2014/27/3).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa interesada que a continuación se relaciona a resolución ditada pola xefa territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto nos artigos 175 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a dita notificación ou por descoñecer o domicilio da interesada.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Advírtese que, de non facelo, se considerará notificada.

A persoa interesada ou os seus representantes debidamente acreditados poderán interpor recurso contra a resolución ditada no expediente, a cal é definitiva en vía administrativa, ante o xulgado de primeira instancia de Lugo que por quenda lle corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data da súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 19 de febreiro de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2014/27/3.

Persoa interesada: Teresa Vigo Barro.

Enderezo actual: avenida de Ferrol, nº 37-1º E. 27850 Viveiro (Lugo).

Asunto: Resolución do 7 de decembro de 2017.

Efectos: desistencia e arquivamento.