Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 9 de abril de 2018 Páx. 19387

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada nun expediente tramitado por esta entidade (expediente 2015/35/27).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa interesada a resolución ditada pola xefa territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a notificación por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio desta.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para efectos de ter coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Advírtese que, de non facelo, se terán por notificadas.

A persoa interesada ou os seus representantes debidamente acreditados poderán interpoñer recurso contra a resolución ditada no expediente, a cal é definitiva en vía administrativa, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lle corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data da súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 23 de febreiro de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número do expediente: 2015/35/27.

Persoa interesada: María José Rubido Fojo.

Enderezo actual: Urbanización Palmeiro, bloque 42-2º B, 27870 Xove (Lugo).

Asunto: Resolución do 22 de marzo de 2017.

Efectos: mantemento da medida administrativa e modificación do recurso.