A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo ditou a resolución do expediente sancionador número LU-02490-I-2017 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a resolución ditada á persoa interesada.
Infórmaselle que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.
Comunícaselle que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a directora xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
No caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Lugo.
No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.
Lugo, 13 de marzo de 2018
Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo
ANEXO
Expediente Matrícula |
Persoa sancionada DNI/CIF |
Infracción cometida Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
LU-02490-I-2017 5492-DTF |
Luis Alfonso Ramos Santillana X2569067J |
O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 11 %. 17.10.2017; 11.46.00; A-8; 574 |
Art. 142.2 LOTT |
Art. 143.1.c) LOTT |
375 euros |