O 15 de febreiro de 2018 ditouse acordo polo que se lle impón a Mercedes Rodríguez Fafián unha primeira multa coercitiva e se lle sinala o prazo dun mes para o cumprimento da obriga de repor imposta na resolución ditada no expediente sancionador DH.D15.43014.
Intentada a notificación do dito acordo por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselle o acordo á interesada e fáiselle saber que unha copia está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para notificar o dito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións que considere oportunas.
O importe da multa coercitiva deberá ser aboado a través do seu ingreso na conta restrinxida de Augas de Galicia, de recadación de multas e sancións, empregando o modelo que se facilitará nas dependencias desta entidade pública empresarial xa referidas.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2018
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia