Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 5 de abril de 2018 Páx. 18899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan varios propietarios da zona de reestruturación parcelaria de Oubiña-segundo sector (Cambados-Pontevedra), para seren notificados por comparecencia das bases de reestruturación da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de reestruturación parcelaria de Oubiña-segundo sector (Cambados-Pontevedra) que se citan no anexo para seren notificados das bases de reestruturación parcelaria da dita zona.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro das bases de reestruturación parcelaria mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Fernández Ladreda, nº 43-2º andar, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Contra as referidas bases poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes.

Pontevedra, 20 de marzo de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Acto notificado: bases de reestruturación parcelaria de Oubiña-segundo sector (Cambados-Pontevedra).

– Interesados:

Carballa González, Ana Belén.

Mariño Otero, Carmen.

Morrazo Cores, José Manuel.

Rivas Doval, Ángel.

Varela Díaz, Carmen.