Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 5 de abril de 2018 Páx. 18897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do procedemento de responsabilidade patrimonial no expediente RP-2013-0042-C, devolta polo servizo de Correos.

O 20 de febreiro de 2018, o conselleiro de Sanidade ditou resolución relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial por asistencia sanitaria que formulou Cristóbal Villar García.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a devandita resolución, que foi devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Así mesmo, e como segundo o artigo 46 da devandita Lei 39/2015, do 1 de outubro, a publicación da resolución pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, esta cédula limitarase á publicación, como anexo, dunha breve indicación do contido do acto e do lugar onde o interesado poderá comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do dito acto e constancia de tal coñecemento.

Lémbrase que a citada resolución pon fin á vía administrativa de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Contra ela poderá interpor recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece o artigo 14.1, na súa regra segunda, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O prazo será de dous meses, contados dende o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida lei xurisdicional.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2018

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº de expediente: RP-2013-0042-C

Reclamante: Cristóbal Villar García.

Último enderezo coñecido: rúa Arzobispo Lago, 8, 3º, 15004 A Coruña.

Contido da notificación: Resolución do conselleiro de Sanidade, do 20 de febreiro de 2018, relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial por asistencia sanitaria.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade. Edificio Administrativo San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: dez (10) días.