Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 5 de abril de 2018 Páx. 18791

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se modifica o procedemento IN643B de inscrición/modificación/baixa na Sección I. Estacións de servizo do Rexistro de Instalacións de Distribución polo Miúdo de Produtos Petrolíferos Líquidos.

A Orde do 24 de maio de 2006 pola que se crea e se regula o Rexistro de Instalacións de Distribución polo Miúdo de Produtos Petrolíferos Líquidos establece na súa disposición derradeira primeira que se faculta o director xeral competente en materia de industria para modificar os anexos contidos nela, así como para ditar cantos actos sexan necesarios para a súa aplicación.

De acordo co que antecede,

RESOLVO:

1. Modificar o formato da solicitude de inscrición/modificación/baixa na Sección I. Estacións de servizo no Rexistro de Instalacións de Distribución polo Miúdo de Produtos Petrolíferos Líquidos segundo o modelo que figura no anexo desta resolución, e regular a tramitación deste procedemento, que ten asignado o código IN643B.

2. O procedemento IN643B é un procedemento administrativo de prazo aberto. O prazo para resolver e notificar a resolución que proceda será de tres meses. Transcorrido ese prazo sen que recaese resolución expresa poderá entenderse estimada a solicitude.

3. Establécese a obriga de relacionarse a través de medios electrónicos para este procedemento, ao considerarse acreditado que o colectivo de persoas físicas solicitantes teñen suficiente capacidade económica e técnica para ter acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios.

4. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado recollido no anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

– No caso de solicitude de inscrición:

Escritura de constitución da sociedade titular en cuxo obxecto social figure explicitamente a actividade de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos.

Poder de representación de la persoa solicitante ou representante.

Resolución do procedemento único integrado, de ser o caso.

Acreditación do dereito sobre os terreos.

Licenza municipal de obra.

Comunicación previa de inicio de actividade á Administración municipal.

Plano topográfico de situación e referencia catastral das instalacións.

Plano de planta das instalacións mecánicas.

Declaración de incidencia ambiental.

Contrato de abastecemento con operador autorizado, que incluirá as datas de inicio e fin, e especificará se é subministración en exclusiva e se implica abandeiramento ou, na súa falta, declaración responsable de non existencia de contrato de abastecemento.

Conformidade do organismo competente en materia de estradas.

De ser o caso, documento de conformidade do organismo outorgante da concesión administrativa.

Xustificante de liquidación de taxas.

– No caso de solicitude de cambio de titularidade:

Escritura de constitución da sociedade titular en cuxo obxecto social figure explicitamente a actividade de distribución polo miudo de produtos petrolíferos líquidos.

Poder de representación da persoa solicitante ou representante.

Contrato de abastecemento con operador autorizado, que incluirá as datas de inicio e fin, e especificará se é subministración en exclusiva e se implica abandeiramento ou, na súa falta, declaración responsable de non existencia de contrato de abastecemento.

De ser o caso, documento de conformidade do organismo outorgante da concesión administrativa.

Contrato de aluguer ou venda, ou autorización asinada polo antigo titular para o cambio de titularidade.

Xustificante de liquidación de taxas.

– No caso de solicitude de ampliación:

Poder de representación da persoa solicitante ou representante.

Plano de planta das instalacións mecánicas.

Memoria explicativa dos cambios.

De ser o caso, documento de conformidade do organismo outorgante da concesión administrativa.

Xustificante de liquidación de taxas.

– No caso de solicitude doutras modificacións:

Poder de representación da persoa solicitante ou representante.

Memoria explicativa dos cambios.

De ser o caso, documento de conformidade do organismo outorgante da concesión administrativa.

– No caso de solicitude de baixa:

Poder de representación da persoa solicitante ou representante.

De ser o caso, documento de conformidade do organismo outorgante da concesión administrativa.

Documentación que reflicta a posta fóra de servizo de toda a instalación.

6. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

7. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

8. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

9. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– NIF da persoa xurídica solicitante.

– NIF da persoa xurídica representante.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

10. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran coa súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

11. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

12. De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación deste procedemento, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», co obxecto de xestionar este procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre a súa tramitación. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a lopd.industria@xunta.gal.

13. Os modelos normalizados aplicables na tramitación do procedemento regulado na presente disposición poderán ser modificados co obxecto de mantelos actualizados e adaptados á normativa vixente. Para estes efectos, será suficiente a publicación destes modelos adaptados ou actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente accesibles para todas as persoas interesadas.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file