Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 5 de abril de 2018 Páx. 18828

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de reforma e posta en valor do Cantón de San Roque e avenida de Lugo, Camiño de Santiago en Melide.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 28/2017 U.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=212314.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: reforma e posta en valor do Cantón de San Roque e avenida de Lugo, Camiño de Santiago en Melide (A Coruña).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45233250-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 330.578,51 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 330.578,51 €. Importe total: 400.000,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23 de febreiro de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 2 de marzo de 2018.

c) Adxudicataria: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 254.049,58 €. Importe total con IVE: 307.399,99 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2018

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio