Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 5 de abril de 2018 Páx. 18825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización dos contratos do servizo de limpeza dos edificios administrativos da Xunta de Galicia (tres lotes).

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

c) Número do expediente: 2017-SESE 21-22-23-PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=186190.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza dos edificios administrativos da Xunta de Galicia (tres lotes).

c) División por lotes e número de lotes: tres.

Lote 1: servizo de limpeza de diversos edificios administrativos da Xunta de Galicia, relacionados no anexo I do prego de prescricións técnicas para este lote.

Lote 2: servizo de limpeza dos edificios integrados na Axencia Turismo de Galicia relacionados a continuación:

– Edificios e dependencias da Axencia Turismo de Galicia.

– Edificios do Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

Lote 3: servizo de limpeza dos seguintes edificios situados na Estrada (Pontevedra):

– Sede do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112.

– Sede da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

d) CPV: 90911200-8 Servizo de limpeza de edificios, 90914000-7 Servizo de limpeza de aparcadoiros e 90919200-3 Servizo de limpeza de oficinas.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación dos anuncios de licitación: 21.7.2017; 25.7.2017; 11.7.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 33.401.349,82 € os tres lotes.

Lote 1: 30.371.981,35 €. Lote 2: 1.835.848,22 €. Lote 3: 1.193.520,25 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 11.227.344,48 € os tres lotes.

Lote 1: 10.209.069,36 €. Lote 2: 617.091,84 €. Lote 3: 401.183,28 €.

Importe total: 13.585.086,81 € os tres lotes.

Lote 1: 12.352.973,93 €. Lote 2: 746.681,12 €. Lote 3: 485.431,76 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29 de xaneiro de 2018 para os tres lotes.

b) Data de formalización do contrato: 28 de febreiro de 2018 para os tres lotes.

c) Contratistas:

Lote 1: Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L.

Lote 2: Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L.

Lote 3: Lacera Servicios y Mantenimiento, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 11.205.827,16 € para os tres lotes.

Lote 1: 10.197.353,28 €. Lote 2: 612.704,40 €. Lote 3: 395.769,48 €.

Importe total: 13.559.050,86 € para os tres lotes.

Lote 1: 12.338.797,47 € €. Lote 2: 741.372,32 €. Lote 3: 478.881,07 €.

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ofertas economicamente máis vantaxosas.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza