Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 3 de abril de 2018 Páx. 18357

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 22 de marzo de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2017 (DOG núm. 227, do 29 de novembro), modificada pola Orde do 22 de decembro de 2017 (DOG núm. 2, do 3 de xaneiro de 2018), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG número 85, do 4 de maio),

ACORDOU:

Primeiro. Anular, con base nas alegacións presentadas, as preguntas número 18, 49, 54 e 80 no cuestionario de acceso libre, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva 121, 122, 123 e 124.

Segundo. Anular, con base nas alegacións presentadas, as preguntas número 19, 24 e 50 no cuestionario de promoción interna, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva 121, 122 e 123.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, así como na Resolución deste tribunal do 22 de febreiro de 2018, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos (10 puntos), puntuación que equivale a sesenta (60) respostas correctas na quenda de acceso libre e de corenta e cinco (45) na quenda de promoción interna, unha vez feitas as deducións previstas na citada base.

Cuarto. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Quinto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2018

Ascensión Labella Lozano
Presidenta do tribunal