Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 2 de abril de 2018 Páx. 18124

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2018 pola que se convoca o II Simposio internacional aprendizaxe-servizo na universidade: coidando a aprendizaxe e o capital social dos estudantes.

Conforme os fins que asigna á Escola Galega de Administración Pública a normativa que a regula (Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo),

RESOLVO:

Convocar, en colaboración co grupo de investigación Esculca (Escola-Cultura) e a rede de investigación RIES (Rede de Inmigración, Educación e Sociedade), o II Simposio internacional aprendizaxe-servizo na universidade: coidando a aprendizaxe e o capital social dos estudantes, de acordo coas bases que se indican a seguir:

1. Obxectivos.

• Promover o coñecemento da metodoloxía da aprendizaxe-servizo como vía efectiva de innovación educativa na educación superior.

• Estudar o impacto da aprendizaxe-servizo nas dinámicas de avaliación da calidade nas universidades europeas.

• Examinar o grao de desenvolvemento do proceso de institucionalización da aprendizaxe-servizo nas universidades de España en xeral e de Galicia en particular.

• Dar conta de resultados da aprendizaxe e capital social dos estudantes universitarios alcanzados na investigación.

2. Contidos.

Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:

• A aprendizaxe-servizo e o futuro da calidade educativa nas nosas universidades: que leccións podemos aprender?

• O impacto da aprendizaxe-servizo nas universidades españolas.

• As universidades españolas diante da aprendizaxe-servizo: avanzar sobre o terreo.

• A dinámica de institucionalización da aprendizaxe-servizo na universidade: os proxectos na USC como pontes entre a academia e a comunidade.

• Aprendizaxe-servizo e innovación na universidade: evidencias desde un proxecto de I+D+i.

3. Persoas destinatarias.

Profesorado das universidades do Sistema universitario de Galicia, así como persoal en formación (bolseiros/as FPI, FPU e bolseiros/as predoutorais e posdoutorais da Xunta de Galicia) e persoas interesadas en xeral.

4. Desenvolvemento.

Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Data: venres, 25 de maio de 2018.

Horario: de mañá e tarde.

Duración: 8 horas lectivas.

5. Número de prazas: limitado pola capacidade do local.

6. Inscrición.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través do espazo «área de matrícula» da web da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula/).

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación da convocatoria desta actividade no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 16 de maio de 2018.

Poderá obterse calquera outra información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos seguintes teléfonos: 981 54 62 41-981 54 62 39.

7. Criterios de admisión.

A orde de admisión virá determinada pola data e hora de presentación das solicitudes.

8. Publicación da listaxe de persoas seleccionadas e prazo de presentación de alegacións.

8.1. Na parte dedicada a este simposio da páxina web da EGAP (https://egap.xunta.gal/) publicarase a listaxe provisional de persoas seleccionadas.

Poderán presentarse alegacións achegando un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal, no prazo de dous días naturais contados desde a súa publicación.

8.2. Transcorrido o prazo de alegacións, publicarase, no mesmo espazo reservado para este simposio na páxina web da EGAP (https://egap.xunta.gal/), a listaxe definitiva de persoas admitidas nesta actividade.

9. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia.

9.1. En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

9.2. Renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

• Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

• Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte das persoas responsables dos centros directivos.

• Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia deberá ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima dos tres días hábiles anteriores ao comezo da actividade formativa. Na páxina web da Escola estará dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto, poderá utilizarse, ademais do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico novas.egap@xunta.gal

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

9.3. Asistencia e puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa realizaranse controis de asistencia e puntualidade.

c) Faltas de asistencia:

c.1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente diante das persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o especificado anteriormente perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

c.2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

10. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento desta actividade, así como a facultade de cancelala se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización.

11. Certificado electrónico de asistencia.

Ao final do simposio emitirase un certificado electrónico de asistencia, descargable desde a área de matrícula (https://egap.xunta.gal/matricula), a aquelas persoas inscritas cuxa asistencia fose igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Este documento estará asinado electronicamente pola EGAP e incluirá, de forma expresa, o contido, a carga lectiva, a data e o lugar de realización desta actividade, así como un código de verificación electrónica (CVE) para contrastar a súa autenticidade.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2018

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública