Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 2 de abril de 2018 Páx. 18223

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación, polo procedemento aberto, dos servizos de programación e execución dos campamentos de verán 2018.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Xuventude. Nº de expediente: 8560-336.

2. Obxecto do contrato: a prestación dos servizos de programación e execución dos campamentos de verán 2018.

Lugar de execución: Concello de Vigo.

Prazo de execución: catro (4) meses.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 190.279,34 euros, IVE para soportar pola Administración (10 %): 19.027,93 euros. Orzamento total: 209.307,27 euros.

Lote 1: 18.189,36 €.

Lote 2: 32.994,62 €.

Lote 3: 18.189,36 €.

Lote 4: 34.850,23 €.

Lote 5: 13.064,66 €.

Lote 6: 13.064,66 €.

Lote 7: 13.064,66 €.

Lote 8: 8.712,56 €.

Lote 9: 38.149,23 €.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete (7) días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato ou, no caso de que o contrato se licite por lotes, ao lote ou lotes a que presenten proposta. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Se o contrato se licita por lotes, a anualidade media será a do lote ou lotes a que presente proposta o licitador. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o décimo quinto (15) día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a esixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día do prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous (2) meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 2 de marzo de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación