Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 2 de abril de 2018 Páx. 18226

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación, polo procedemento aberto, dos servizos incluídos no Programa socioeducativo e de apoio familiar.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Área de Benestar Social. Nº de expediente: 150.888-301.

2. Obxecto do contrato: servizos de colaboración e asistencia técnica para o desenvolvemento do Programa socioeducativo e de apoio familiar nos seguintes ámbitos diferenciados: 1) Intervención con menores en situación de risco. 2) Intervención e atención sociofamiliar en familias que presenten problemáticas non resolubles por elas mesmas e que acepten voluntariamente a intervención. 3) Realización de informes sociais e técnicos solicitados polo/a técnico/a municipal responsable do servizo, tanto por interese do propio Concello como doutras administracións públicas, tendo en conta a normativa en materia de menores e de acordo cos principios de colaboración e cooperación.

Lugar de execución: Concello de Vigo.

Prazo de execución: catro (4) anos. Prórroga: dúas (2), dun ano de duración cada una.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 2.581.689,36 euros. IVE para soportar pola Administración: 258.168,94 euros. Orzamento total: 2.839.858,30 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete (7) días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o día 25 de abril de 2018.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día do prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous (2) meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 2 de marzo de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación