Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 2 de abril de 2018 Páx. 18207

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 12 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PE 401F 2017/28-5 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución dos expediente PE 401F 2017/28-5 e PE 401F 2017/121-5.

A eficacia do acto queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas ou os seus representantes legalmente establecidos poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

Vigo, 12 de marzo de 2018

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PE 401F 2017/28-5

Marcos Baz Rodríguez

76897437L

Resolución

Rúa Cal, 116, 36780 A Guarda

PE 401F 2017/121-5

Julio César Pouso Vidal

35473072B

Resolución

Praza do Parque, 11, 36620 Vilanova