Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 2 de abril de 2018 Páx. 18208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 15 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0613/2017-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0613/2017-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial do Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, nº 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpor recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

Vigo, 15 de marzo de 2018

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0613/2017-PPM

José Augusto Freitas Costas

77001120H

Resolución

Pai Crespo, 96, 2º B, Redondela

PSC-PO-0909/2017-PPM

Jonathan Alvés Iglesias

76900339T

Resolución

Chenlo, 12, O Porriño

PSC-PO-0913/2017-PPM

Pedro Otero Adán

36103942Z

Resolución

Rande, 89, Redondela

PSC-PO-1048/2017-PPM

Edwin Patiño Arroyave

X5658494B

Resolución

Antelo Mariño, 10, 1º esq., Poio

PSC-PO-1060/2017-PPM

Rafael Álvarez Martínez

39451613N

Resolución

Paseo da Praia, 45, Redondela