Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 2 de abril de 2018 Páx. 18137

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se aproban as listas definitivas do persoal que superou a proba tipo test e se for o caso, a de galego, no procedemento para selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, e se convoca para a realización do curso de formación.

Con data do 13 de marzo publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 9 de marzo de 2018 do tribunal designado para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional no proceso convocado por Resolución do 1 de decembro de 2017 (DOG número 237, do 15 de decembro) e pola que se lle daba publicidade a diversos acordos.

De acordo co disposto no artigo 5.5 da Orde do 30 de novembro de 2017, pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional (DOG do 1 de decembro), os aspirantes puideron presentar as alegacións que consideraron oportunas sobre a puntuación obtida na proba tipo test e a proba de galego, así como sobre os méritos baremados, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación da Resolución do 9 de marzo de 2018 no Diario Oficial de Galicia.

Transcorrido o prazo para formular alegacións, e de acordo co establecido no artigo 5.6 da Orde do 30 de novembro de 2017, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional (DOG núm. 229, do 1 de decembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar definitivamente as listas e o baremo de méritos do persoal que superou as probas para formar parte das bolsas para a selección de persoal interino para cada unha das subescalas, ordenadas de acordo cos criterios establecidos no artigo 4.2 da Orde do 30 de novembro de 2017 (DOG núm. 229, do 1 de decembro) e publicalas no portal de servizos web Eido local e na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/tramitar/PR410A.

Segundo. As persoas que superaron a proba tipo test terán que matricularse antes do día 3 de abril entrando na zona de matrícula da EGAP no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula e rexistrar unha conta para poder acceder o curso de formación práctica en liña no enlace https://egap.xunta.gal/aulavirtual, que se iniciará o día 3 de abril e rematará o 30 de abril.

A realización e superación deste curso de formación práctica será imprescindible para formar parte das correspondentes bolsas de interinos para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional na Comunidade Autónoma de Galicia.

Non obstante, os que superaron a proba tipo test correspondente ás tres escalas e realicen e superen os cursos de formación práctica correspondentes á subescala de Secretaría, categoría de entrada, e á subescala de Intervención-Tesouraría, categoría de entrada, non terán que realizar o curso de formación práctica correspondente á categoría de Secretaría-Intervención, ao quedar validado para os efectos da súa inclusión na bolsa de interinos correspondente á dita categoría.

Terceiro. Esta dirección xeral publicará a relación de persoas que por ter superado o curso de formación práctica formarán parte das ditas bolsas no portal de servizos web Eido local e na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/tramitar/PR410A.

Estas bolsas entrarán en vigor o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de exposición das persoas declaradas aptas tras a realización do curso de formación que se convoca de acordo co punto segundo desta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2018

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local