Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 2 de abril de 2018 Páx. 18139

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio.

En sesión que tivo lugar o día 16 de marzo de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de maio de 2017 (DOG núm. 100, do 29 de maio) e pola Orde do 20 de febreiro de 2018 (DOG núm. 42, do 28 de febreiro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 238, do 15 de decembro), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Que, de conformidade co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, o cuarto exercicio do proceso selectivo terá lugar os días 12 e 13 de abril de 2018, na sala E do Edificio Administrativo Pirámide, nº 8, San Caetano, Santiago de Compostela, a partir das 15.00 horas. O acceso realizarase pola porta posterior do edificio fronte á estación de autobuses.

Segundo. Consonte o disposto na dita base, convócanse para o cuarto exercicio os aspirantes no lugar e hora establecidos de acordo co anexo que se achega.

Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal. O chamamento dos aspirantes realizarase de acordo co disposto na base II.2.1 da convocatoria.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2018

Silvia Alfaya Portela
Presidenta do tribunal

ANEXO

Día 12 de abril.

NIF

Apelidos e nome

Quenda

35312327J

Rodríguez Díaz, Juan José

P. interna

34267041P

Alonso de Abel, Rebeca

Libre

44825281Y

Ferreiro Fernández, Iago

Libre

76827842E

García García, Miriam

Libre

Día 13 de abril.

NIF

Apelidos e nome

Quenda

32708153Z

Gómez Sedes, Marta María

Libre

35468176Z

Lois Bascoy, José Ramón

Libre

79315701V

Mourelle Ferreiro, Juan Carlos

Libre

44825569H

Ramos Pena, Marta

Libre