Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2018 Páx. 17964

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito de estatutos da Asociación do Persoal Técnico de Arquivos, Bibliotecas e Museos da Xunta de Galicia (Arbimuga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais se acordou depositar con data do 13 de marzo de 2018, os estatutos da Asociación do Persoal Técnico de Arquivos, Bibliotecas e Museos da Xunta de Galicia (Arbimuga).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán ser membros todas aquelas persoas que teñan a condición de funcionarios de carreira ou interinos do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A1, escala facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, e do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, grupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, de calquera das tres especialidades en ambos os dous casos.

Asinan a acta de constitución: María Pilar Encinar Romero, Antonia María Soto Gómez, Elena Sánchez Múñoz, Patricia Pérez Dorado e Antonio Fernández Domínguez.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego