Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2018 Páx. 17976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017399AM-PO por infracción en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2017399AM-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a Antonio Uhía Fernández, como titular do Hotel Ton.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

O interesado realizou o ingreso mediante carta de pagamento voluntario da sanción; polo que, unha vez efectuado o pagamento, dáse por finalizado o expediente ao recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade na comisión da infracción.

De conformidade cos artigos 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo) dispón do prazo de dous meses a partir da recepción desta notificación para presentar recurso contencioso-administrativo contra a presente resolución ante o Xulgado ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que corresponda, segundo os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2018

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2017399AM-PO.

Interesado: Antonio Uhía Fernández, como titular do Hotel Ton.

Documento de identificación: 35365783V.

Último enderezo coñecido: estrada de circunvalación, núm. 60, 36960 Sanxenxo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.