Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2018 Páx. 17752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento dun sistema de información para a comercialización e xestión nas lonxas galegas, así como a súa implantación, cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) (expediente 2017/PA/0053).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o desenvolvemento dun sistema de información para a modernización tecnolóxica da comercialización e xestión nas lonxas galegas, así como a súa implantación naquelas que se determinen, con dous proxectos (lotes): sistema de comercialización e sistemas de xestión.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 4.8.2017.

DOUE: 3.8.2017.

BOE: 16.8.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: lote 1: 1.538.677,69 € (IVE excluído); lote 2: 948.677,69 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación.

Lote 1: sistema de comercialización: orzamento total de licitación de 1.861.800,00 € (IVE incluído).

Lote 2: sistema de xestión: orzamento total de licitación de 948.677,69 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

– Lote 1: 28.11.2017.

– Lote 2: 18.12.2017.

b) Data de formalización do contrato:

– Lote 1: 6.2.2018.

– Lote 2: 12.2.2018.

c) Contratista:

– Lote 1: Sivsa, Soluciones Informáticas, S.A.U.

– Lote 2: Saec Data, S.A.

d) Importe de adxudicación:

– Lote 1: 1.508.056,88 € (IVE incluído).

– Lote 2: 952.633,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia