Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2018 Páx. 17421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de marzo de 2018 pola que se notifica o prego de cargos do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/66/2016-RP1.

A instrutora do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade en materia de costas POL/66/2016-RP1, incoado pola realización de actuacións abusivas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre, no lugar de Ribeira do Chazo, no termo municipal da Illa de Arousa, provincia de Pontevedra, o día 13 de febreiro de 2018, formulou o prego de cargos previsto no Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral de costas.

Ao non poder realizarse a notificación do prego de cargos a Miguel Ángel Ramos García, José Enrique Gándara Lemos e María del Carmen Lorenzo Chazo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle aos interesados o devandito prego de cargos mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro do prego de cargos que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere convenientes e, se é o caso, propoñer proba mediante a que se concretan os medios de que pretendan valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia da Protección da Legalidade Urbanística