Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2018 Páx. 17362

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 1196/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 1196/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra Hermanos Martínez Alvedro, S.C., Rut Devesa Vázquez, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: S. Social nº 1196/2015

Demandante: INSS

Letrado: Sra. Regueira Rodríguez

Demandados:

– Rut Devesa Vázquez

Letrada: Sra. Teixeira Barcala.

– Hermanos Martínez Alvedro, S.C.

Letrado:

Sentenza nº 119/18.

A Coruña, 1 de marzo de 2018.

Resolución:

– Estimo a demanda presentada polo INSS fronte a Rut Devesa Vázquez e fronte a Hermanos Martínez, S.C. e, en consecuencia:

1. Declaro a nulidade do recoñecemento da prestación de maternidade en favor da Sra. Devesa Vázquez no período que media entre o 8.5.2014 e o 27.8.2014.

2. Condeno:

a) Principalmente, a Rut Devesa Vázquez a reintegrar á demandante as cantidades percibidas á conta da prestación de maternidade indicada en contía de 4.082,34 euros líquidos (4.212,32 euros brutos).

b) Subsidiariamente, a aboar a dita cantidade á empresa Hermanos Martínez Alvedro, S.C.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinado. Javier López Cotelo.

Publicada no día da súa data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle».

E para que conste e sirva de notificación en legal forma a Hermanos Martínez Alvedro, S.C., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza