Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2018 Páx. 17368

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 504/2017).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 504/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Ríos Pulleiro contra Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Aluminios M. Quinteiro, S.L., Neira y Ferreiro, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2018.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 509/2017 sobre despedimento, seguidos por instancia de Eduardo Ríos Pulleiro, asistido pola letrada María del Mar Rodríguez López, contra Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Aluminios M. Quinteiro, S.L. e Neira y Ferreira, S.L.U.

Resolución:

Estímase a demanda interposta por Eduardo Ríos Pulleiro contra Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Aluminios M. Quinteiro, S.L. e Neira y Ferreira, S.L.U. e declárase a improcedencia do despedimento efectuado polas demandadas con efectos do 2 de xuño de 2017 e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as demandadas a que readmitan o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza, a razón de 79,78 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 5.045,87 euros por despedimento improcedente, sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

Condeno, así mesmo, a empresa a lle aboar á demandante a cantidade de 864,79 euros como cantidades debidas en concepto de salarios debidos, máis o xuro de mora do 10 % sobre a dita cantidade.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal bastará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Neira y Ferreira, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza