Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 17049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de marzo de 2018 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente PON/150/2016-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/150/2016-RP1 a Rafael Mulet Bravo, en relación coas obras consistentes nunha edificación con tipoloxía residencial e soleiras, no lugar do Perrón, Taredo, Rubiáns, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística