De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-CO-1282/2016-ACU.
En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Contra a resolución do expediente, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 12 de marzo de 2018
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente |
Interesado |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PSC-CO-1282/2016-ACU |
José Manuel Suárez Torrado |
76486729E |
Resolución |
Abanqueiro. Triñáns, 69, Boiro |