Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 17029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican requirimentos de actos de tramitación en expedientes do procedemento BS210A (expediente CO-71920 e cinco máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo, ou aos seus representantes, os actos administrativos citados.

Para coñeceren o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas ou os seus representantes debidamente acreditados poderán acudir no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación dese anuncio no Boletín Oficial del Estado, ás dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sito na rúa Concepción Arenal, nos 7 e 9, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que, de non presentarse á cita para o recoñecemento que se notifica, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, se producirá a caducidade do procedemento pola paralización imputable aos interesados e se acordará o arquivamento das actuacións logo da resolución que será notificada aos interesados.

A Coruña, 12 de febreiro de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento: BS210A.

Nº de expediente

Apelidos y nome

DNI

Contido do acto

Data do documento

CO-71920

Vázquez Amor, Mª Dolores

32135232T

Citación para o recoñecemento

13.11.2017

FE-69631

Salido Conde, Rosa Mª

32628876H

Citación para o recoñecemento

27.10.2017

FE-66897

Iglesias Cubeiro, Sara

32520586N

Citación para o recoñecemento

13.9.2017

FE-67172

Martínez Platas, Alfonso

14679546A

Citación para o recoñecemento

24.8.2017

SC-64109

Domínguez López, Francisco

33191319L

Citación para o recoñecemento

7.7.2017

SC-69258

Maroñas Casais, José Mª

76457222R

Citación para o recoñecemento

4.1.2018