Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 17031

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos derivados do procedemento BS210A (expediente CO-69482 e tres máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou aos seus representantes os requirimentos que se indican.

Para coñeceren o contido íntegro dos requirimentos que se notifican, as persoas interesadas ou os seus representantes debidamente acreditados poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, números 7 e 9 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Estes requirimentos outórganlles ás persoas interesadas un prazo de dez (10) días para a emenda das súas solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 24 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Transcorrido este prazo sen que se realizase a emenda, entenderase que os interesados desisten da súa solicitude e procederase ao arquivamento do expediente logo da resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 12 de febreiro de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A.

Número de expediente

Apelidos e nome

DNI

Contido do acto

Data documento

CO-69482

Fernández Fernández, Encarnación

13473207Z

Requirimento de emenda da solicitude

29.11.2017

CO-67302

Rey Mesura, Elena

32388563D

Requirimento de emenda da solicitude

16.10.2017

CO-65957

Cortés Dans, Eduardo

32261179E

Requirimento de emenda da solicitude

14.9.2017

SC-SAAD12-15/

661427/2008-95

Tajes Lema, Melania

76274721M

Requirimento de emenda da solicitude

17.10.2017