Logo de estimados os recursos de alzada que formularon María García Chao e Felisa Marzabal Expósito respecto da puntuación da fase de concurso en relación co procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de abril de 2017, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
RESOLVE:
Primeiro. Modificar a Orde do 28 de xullo de 2017 (DOG do 23 de agosto) pola que se fai pública a relación do persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 7 de abril de 2017, modificando a puntuación da fase de concurso e a puntuación final do concurso-oposición das seguintes aspirantes:
Especialidade |
Quenda |
NIF |
Apelidos e nome |
Puntos oposición |
Puntos concurso |
Concurso-oposición |
Física e Química |
L |
76868477Q |
García Chao, María |
6,6284 |
3,5000 |
5,5855 |
Debe colocarase na lista de persoas que superaron o concurso-oposición desta especialidade no posto nº 25 |
||||||
Lingua e literatura galega |
L |
34260008J |
Marzabal Expósito, Felisa |
6,8490 |
3,0000 |
5,5660 |
Debe colocarase na lista de persoas que superaron o concurso-oposición desta especialidade no posto nº 44 |
Segundo. O disposto no punto anterior supón a modificación do número de orde da lista de persoas que superaron o concurso-oposición nestas especialidades, que figuraban no anexo da Orde do 28 de xullo de 2017 (DOG do 23 de agosto).
Terceiro. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.
Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade coa Lei 29/1988, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2018
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria