Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2018 Páx. 16829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2018 pola que se fai pública a corrección de erros no cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares da licitación anunciada mediante a Resolución do 1 de marzo de 2018 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto documentalmente simplificado con varios criterios de adxudicación, para a contratación do servizo, non suxeito a regulación harmonizada, de asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución da mellora do saneamento en Cedeira, fase I, cofinanciada nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020 (clave OH.315.1146).

missing image file

No DOG núm. 47, do 7 de marzo de 2018, publicouse a Resolución do 1 de marzo de 2018 pola que se anunciaba a licitación polo procedemento aberto para a contratación do servizo de asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución da mellora do saneamento en Cedeira, fase I, Cedeira (A Coruña), que se rexe polo texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

Advertido erro de contido non xurídico no cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe nesta contratación no relativo ás anualidades e fontes de financiamento (epígrafe 3 do cadro de características) e unha vez corrixido este, procédese á publicación do cadro de características no perfil do contratante:

https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=279901.

Esta corrección afecta o prazo de presentación de proposicións recollido no punto 9 e a apertura en acto público do sobre B recollida no punto 10 da Resolución do 1 de marzo de 2018, que quedan da seguinte forma:

a) Data límite de presentación: 17 de abril de 2018.

d) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 30 de abril de 2018 ás 9.00 horas.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2018

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm. 21, 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia