Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2018 Páx. 16831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2018 pola que se fai pública a corrección de erros na Resolución do 2 de marzo de 2018 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto documentalmente simplificado con varios criterios de adxudicación, para a contratación, non suxeita a regulación harmonizada, da execución da obra pública hidráulica de melloras no saneamento en Cabanas e Pontedeume, fase I, Pontedeume (A Coruña), cofinanciada nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (clave OH.315.1047).

missing image file

No DOG núm. 48, do 8 de marzo de 2018, publicouse a Resolución do 2 de marzo de 2018 pola que se anunciaba a licitación polo procedemento aberto para a contratación da execución da obra pública hidráulica de melloras no saneamento en Cabanas e Pontedeume. Fase I. Pontedeume (A Coruña), que se rexe polo texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

Advertido erro na páxina 14142 onde di: «Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría 3 e grupo F, subgrupo 5, categoría 4 ou grupo E, subgrupo 1, categoría D e grupo F, subgrupo 5, categoría E», debe dicir: «Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría 5 ou grupo E, subgrupo 1, categoría f» e unha vez corrixido este, procédese á publicación do cadro de características e deste anuncio no perfil do contratante:

https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=284112.

Esta corrección afecta o prazo de presentación de proposicións recollido no punto 7 e a apertura en acto público do sobre B recollida no punto 8 da Resolución do 2 de marzo de 2018, que quedan da seguinte forma:

a) Data límite de presentación: 24 de abril de 2018.

c) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 15 de maio ás 9.00 horas.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2018

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia