Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2018 Páx. 16850

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de regularización do cemiterio parroquial de San Vicente do Grove.

En aplicación do disposto no número 3 da disposición adicional primeira do Decreto 151/2014, do 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galicia, e visto o informe técnico, sométese a información pública polo prazo de 1 mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente de regularización do cemiterio parroquial de San Vicente, segundo o proxecto redactado por Urbes Gestión del Suelo, con data de xuño de 2017, de acordo co que se indica a seguir:

Nº expte.

Solicitante

Asunto

Situación

1849/2017

Juan Ventura Martínez Reboeiras e/r da Parroquia de San Vicente do Grove

Regularización do cemiterio parroquial de San Vicente do Grove

Cemiterio de San Vicente do Grove

Queda o expediente á disposición de calquera persoa que queira examinalo para formular alegacións na oficina técnica do concello, situada na rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, 3, 3º andar (O Grove), das 9.00 ás 14.00 horas.

O Grove, 22 de febreiro de 2018

José A. Cacabelos Rico
Alcalde presidente