Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2018 Páx. 16851

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas para a selección dunha praza de persoal.

A directora xerente do Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas para a selección dunha praza de persoal por obra ou servizo a tempo parcial para o proxecto Espantaves.

As bases estarán expostas na sede de Cetmar, sita na rúa Eduardo Cabelo s/n, 36208 Vigo e, na súa páxina web (http://www.cetmar.org/ofertas-de-traballo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 20 días contados desde o día seguinte ao da publicación na web de Cetmar.

Vigo, 16 de marzo de 2018

Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar