Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2018 Páx. 16808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai publica a formalización do contrato de servizos relativos aos traballos preparatorios necesarios para a fase do proceso de reestruturación parcelaria consistentes na elaboración do documento ambiental, cofinanciado con fondos Feader do período 2014-2020 nun 75 % (expediente 44/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos técnicos para a elaboración do documento ambiental en dúas zonas de reestruturación parcelaria.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=196827.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 184, do 27 de setembro de 2017.

e) División por lotes e número: si, dous.

Lote 1: proxecto de colaboración de servizos técnicos para a elaboración do documento ambiental da zona de reestruturación parcelaria de Goiriz. Vilalba (Lugo). ST-5155.

Lote 2: proxecto de colaboración de servizos técnicos para a elaboración do documento ambiental da zona de reestruturación parcelaria de Lanzós. Vilalba (Lugo). ST-5156.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto documentalmente simplificado, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 71.479,97 €; IVE (21 %): 15.010,80 €. Importe total: 86.490,77 €.

Valor estimado: 71.479,97 €.

5. Financiamento: cunha participación do 75,00 % de fondos da Unión Europea, a través do Feader (medida 4.3) nun 7,5 % con fondos da Administración xeral do Estado, e nun 17,50 % con fondos da Xunta de Galicia.

6. Adxudicación e formalización dos contratos.

Lote 1: proxecto de colaboración de servizos técnicos para a elaboración do documento ambiental da zona de reestruturación parcelaria de Goiriz. Vilalba (Lugo). ST-5155.

a) Data de adxudicación: 27 de febreiro de 2018.

b) Adxudicataria: Proyestegal, S.L.

c) Importe de adxudicación : 27.244,09 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 2 de marzo de 2018.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación, e cumprir os requisitos dos pregos de condicións.

Lote 2: proxecto de colaboración de servizos técnicos para a elaboración do documento ambiental da zona de reestruturación parcelaria de Lanzós. Vilalba (Lugo). ST-5156.

a) Data de adxudicación: 27 de febreiro de 2018.

b) Adxudicataria: Sial Ingeniería, S.L.

c) Importe de adxudicación: 28.300,00 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 2 de marzo de 2018.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación, e cumprir os requisitos dos pregos de condicións.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2018

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural