Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2018 Páx. 16806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos do procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial (expediente CO192680 e catro máis).

Despois de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles os actos ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas no Edificio Administrativo Monelos, ala sur, na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao do vencemento indicado para comparecer.

Advírteselles que, de non se presentaren á cita, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizaren as actividades necesarias para continuar coa tramitación, se producirá a caducidade do procedemento pola paralización imputable ás persoas interesadas e se acordará o arquivamento das actuacións logo da resolución que lles será notificada.

A Coruña, 5 de febreiro de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Data do acto administrativo

Nº de expediente

DNI

Apelidos e nome

Citación para o recoñecemento

26.10.2017

CO192680

53799047T

Fernández Iglesias, Fernando

Citación para o recoñecemento

13.11.2017

CO217616

-

Fernández Iglesias, Gisella María

Citación para o recoñecemento

24.10.2017

CO217406

33275686E

Lemos Uzal, Alfredo

Citación para o recoñecemento

19.12.2017

CO218060

10583650Q

Manteiga Vázquez, Antonia

Citación para o recoñecemento

28.11.2017

CO187901

32787022Q

Martínez Rodríguez, Sara