Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2018 Páx. 16703

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria e das bases dos procesos selectivos para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e de persoal laboral en quenda de promoción interna e de consolidación de emprego.

No BOP de Lugo núm. 256, do 7 de novembro de 2014, publicáronse integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de promoción interna e en quenda de consolidación de emprego.

No BOP de Lugo núm. 017, do 22 de xaneiro de 2018, publicáronse resolucións relativas á convocatoria e bases específicas que rexerán, xunto coas anteriores bases xerais, os seguintes procesos selectivos:

Persoal funcionario (quenda promoción interna):

Decreto nº 17010969, do 15 de decembro de 2017: 8 prazas de administrativo/a (6 prazas incluídas na OPE 2015 e 2 prazas incluídas na OPE 2016); escala de Administración xeral, subescala: administrativa; grupo de titulación C (subgrupo C1). Sistema selectivo: concurso-oposición.

Persoal laboral (quenda de consolidación de emprego):

Decreto nº 17010970, do 15 de decembro de 2017: 4 prazas de oficial maquinista fontaneiro/a; nivel de titulación: graduado escolar, graduado en ESO ou equivalente; grupo de titulación C (subgrupo C2). Sistema selectivo: concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 31 de xaneiro de 2018

A alcaldesa
P.D. (Decreto 16005312, do 5.7.2016)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal