Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2018 Páx. 16701

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2018 pola que se modifica a Resolución do 2 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, do contrato de servizo de limpeza e de recollida e transporte de residuos dos portos dependentes da zona centro deste organismo, suxeito a regulación harmonizada (expediente 2/2018/CNTSE).

No punto 1.c) 6 da Resolución do 2 de febreiro de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 28, do 8 de febreiro, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, do contrato de servizo de limpeza e de recollida e transporte de residuos dos portos dependentes da zona centro da entidade pública Portos de Galicia, suxeito a regulación harmonizada, disponse que o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP), o de prescricións técnicas particulares (PPT) e o cadro de características do contrato (CCC) poderanse obter no perfil de contratante, no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=251585

Advertidos erros no contido do PPT que rexerá a devandita licitación, nos anexos IV e V do referido PPT, relativos á relación de edificios portuarios para limpeza de canalóns nos portos da zona centro e á relación de horas de traballo do persoal en servizo dos portos da zona centro, respectivamente, resulta necesario efectuar a corrección dos datos erróneos recollidos nos devanditos anexos.

Pola presente resolución dáse publicidade á modificación do contido dos devanditos anexos IV e V do PPT, consistentes na eliminación dos datos dos portos de Portocubelo, Muros e Esteiro, que aparecían por duplicado, no anexo IV, e ás correccións efectuadas na táboa de resumo xeral de xornadas de traballo do persoal, contida no anexo V, publícase novamente no perfil de contratante o PPT debidamente corrixido e déixase sen efecto o PPT publicado o 2 de febreiro de 2018 no perfil de contratante.

– Obtención de información e da documentación corrixida:

1º. Entidade: División de Contratación de Portos de Galicia.Teléfono: 881 99 52 70.

2º. Enderezo na internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=251585

– Prazo de presentación de proposicións:

Á vista do anterior, amplíase en vinte (20) días naturais o prazo de presentación de ofertas previsto para participar na licitación convocada para adxudicar o contrato de servizos de referencia, que remataba o 21 de marzo de 2018 e que, tras a devandita ampliación, rematará ás catorce (14.00) horas do día 10 de abril de 2018.

– Data de apertura de ofertas: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

– Data de envío do anuncio de modificación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 15 de marzo de 2018.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia