Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2018 Páx. 16677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Parada II (Ordes-A Coruña), para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da Zona de Concentración Parcelaria de Parada II (Ordes-A Coruña) que figuran no anexo, para ser notificados por comparecencia de trámites de audiencia por modificacións do acordo de concentración da dita zona.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 7 de marzo de 2018

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: trámite de audiencia.

Interesados:

Remuiñán Iglesias, Balbino.

Ríos Varela, Enrique.

Del Valle Vázquez, María Victoria.