Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2018 Páx. 16678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o emprazamento relativo ao procedemento ordinario 323/2017 IN, interposto ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o acordo de concentración parcelaria de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias desta xefatura territorial, sito na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas.

A Coruña, 7 de marzo de 2018

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesados:

Lavandeira Martínez, Carlos.

Lavandeira Martínez, María Isabel.

Acto notificado:

Emprazamento.

Zona de concentración parcelaria:

San Vicenzo de Curtis (Vilasantar, A Coruña).