Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2018 Páx. 16668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de vixilancia e control dos edificios, invernadoiros e leira do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (expediente 5/2018).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e control dos edificios, invernadoiros e leira do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=222806

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 230, do 4 de decembro de 2017.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto, aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 141.204,50 €. IVE (21 %): 29.652,96 €. Importe total: 170.857,46 €.

Valor estimado: 176.279,50 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 8 de febreiro de 2018.

b) Adxudicataria: Grupo RMD Seguridad, S.L.

c) Importe: 138.985,56, IVE incluído.

d) Data de formalización do contrato: 15 de febreiro de 2018.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar o criterio de adxudicación, e cumpre os requisitos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural