Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2018 Páx. 16627

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 458/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 458/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel López Gómez contra a empresa Invernaderos Trigo, S.A. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución seguinte:

«Sentenza.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: resolución de contrato 458/2017, acumulado despedimento 598/2017.

Demandante: Manuel López Gómez.

Letrada: Sra. Gómez Lozano.

Demandada: Invernaderos Trigo, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Sentenza 73/2018.

A Coruña, 28 de febreiro de 2018.

Resolución.

a) Estimo as accións sobre resolución de contrato e despedimento formuladas por Manuel López Gómez contra a empresa Invernaderos Trigo, S.A. e, en consecuencia:

1. Declaro, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre o traballador demandante e o empresario demandado, por causas imputables a este, e condeno a demandada a lle aboar a cantidade total de 39.156,24 euros en concepto de indemnización.

2. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante acontecido o día 4 de maio de 2017, e condeno a empresa demandada a lle satisfacer ao demandante:

Os salarios de tramitación desde esa data ata a data da presente resolución, a razón de 54,38 euros diario (301 días), o que ofrece un total de 16.368,38 euros brutos.

b) Estimo a acción sobre reclamación de cantidade formulada por Manuel López Gómez fronte a Invernaderos Trigo, S.A. e, en consecuencia, condeno a esta a aboar ao primeiro a suma de 21.724,77 euros brutos polos salarios devindicados e non satisfeitos, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinado. Javier López Cotelo.

Publicada no día da súa data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle».

E para que conste e sirva de notificación a Invernaderos Trigo, S.A., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza