Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2018 Páx. 16376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o proxecto de restauración das concesións de explotación de recursos da sección C) denominadas Coviña número 1160 e Mercedes número 608, situadas nos concellos de Salceda de Caselas e de Tui (Pontevedra) e solicitado por Sucesores de Severino Gómez, S.L. e por Cementos Ozores, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o proxecto de restauración das concesións de explotación de recursos da sección C) denominadas Coviña número 1160 e Mercedes número 608, situadas nos termos municipais de Salceda de Caselas e de Tui (Pontevedra).

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente está dispoñible ao público, para a súa consulta, na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria
(http://ceei.xunta.gal/expediente-explotacions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 19 de febreiro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra