Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2018 Páx. 16379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2017/511-1 e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñeren recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobaren o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, de A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles que, de non interpoñeren recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 20 do mes seguinte da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 7 de marzo de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente: RL 2017/511-1.

Acta inf. nº: I152017000105746.

Empresa: Yusnier Torres Gómez.

NIF: 47387247W.

Concello: A Coruña.

Materia: relacións laborais.

Data resolución: 24.1.2018.

2. Expediente: RL 2017/530-1.

Acta inf. nº: I152017000109887.

Empresa: Fidel Derivados Cárnicos, S.L.

NIF: B70499462.

Concello: Ames.

Materia: relacións laborais.

Data resolución: 30.1.2018.

3. Expediente: RL 2017/543-1.

Acta Inf. nº: I152017000109584.

Empresa: P.G.L. Instalaciones Eléctricas, S.L.

NIF: B80321797.

Concello: Madrid.

Materia: seguridade e saúde.

Data resolución: 30.1.2018.

4. Expediente: RL 2017/565-1.

Acta inf. nº: I152017000111204.

Empresa: Limpintegra XXI, S.L.

NIF: B27214972.

Concello: Culleredo.

Materia: relacións laborais.

Data resolución: 6.2.2018.

5. Expediente: RL 2017/566-1.

Acta inf. nº: I152017000119284.

Empresa: O Pote de Santa Cruz, S.L.

NIF: B15981731.

Concello: Oleiros.

Materia: relacións laborais.

Data resolución: 8.2.2018.

6. Expediente: RL 2017/582-1.

Acta Inf. nº: I152017000108574.

Empresa: Bania Com. B.

NIF: E15593684.

Concello: A Coruña.

Materia: Relacións Laborais.

Data resolución: 8.2.2018.

7. Expediente: RL 2017/605-1.

Acta Inf. nº: I152017000120496.

Empresa: Global Group Gestión de Compras.

NIF: B70493879.

Concello: A Coruña.

Materia: Seguridade e Saúde .

Data resolución: 8.2.2018.