Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2018 Páx. 16371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2018, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00015-O-2018 e tres máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación do expediente sancionador PO-00015-O-2018 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 21 de febreiro de 2018

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción

proposta

PO-00015-O-2018

6613-HGZ

Luz Cristina Morales Padilla

Y3168643Q

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 por cento.

20.9.2017; 10.25; AP-9; 137,516

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

325 euros

PO-03551-O-2017

8536-BDB

Miguel Zurita Rodríguez

77007065Y

Realizar transporte privado de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP.

2.9.2017; 17.05; PO-400; 41,1

Art. 140.18 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

PO-03552-O-2017

8536-BDB

Miguel Zurita Rodríguez

77007065Y

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

2.9.2017; 17.05; PO-400; 41,1

Art. 140.34 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-03555-O-2017

8536-BDB

Miguel Zurita Rodríguez

77007065Y

A realización de transporte privado carecendo de autorización.

2.9.2017; 17.05; PO-400; 41,1

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros