Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2018 Páx. 16234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 28 de febreiro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de San Paio a favor dos veciños de San Paio, na parroquia de Piñeiro (San Xoán), no concello de Maside (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 5 de setembro de 2017, adoptou a seguinte resolución:

«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de San Paio a favor dos veciños San Paio, na parroquia de Piñeiro (San Xoán), no concello de Maside (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 22 de enero de 2016 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Manuel Fernández Gómez, no cal solicita a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Ampliación de San Paio.

Segundo. Con data do 13 de decembro de 2016, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abriu un período de un mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que conta no expediente, descríbese así:

Denominación do monte: Ampliación de San Paio.

Superficie: 50.491 m2 (5,05 ha).

Pertenza: CMVMC de San Paio.

Parroquia: Piñeiro (San Xoán).

Concello: Maside.

1. Parcelas catastrais que conforman o monte e superficies:

1ª parcela:

Concello

Polígono

Parcela

Superficie
castastral (m2)

Superficie en
clasificación (m2)

Maside

15

1340

2.875

2.875

– Estremas:

Norte.

Concello

Polígono

Parcela

Titular

Maside

15

1339

Veciños de Piñeiro

1387

González Álvarez, Ramón

1389

Peña Álvarez, Camilo

1390

Fernández Pérez, Juan

1391

Férnandez Pérez, David

1393

Fernández Caramés, Concepción

1395

Fernández González, Adolfo

Leste.

Concello

Polígono

Parcela

Titular

Maside

15

1398

Veciños de Louredo

Sur e oeste: camiño.

2ª parcela:

Concello

Polígono

Parcela

Superficie
castastral (m2)

Superficie en
clasificación (m2)

Maside

15

1359

5.273

5.273

– Estremas:

Norte.

Concello

Polígono

Parcela

Titular

Maside

15

1556

Vázquez Álvarez, Avelina

1559

Fernández Pérez, Juan

Leste, sur e oeste: camiño.

3ª parcela:

Concello

Polígono

Parcela

Superficie
castastral (m2)

Superficie en
clasificación (m2)

Maside

15

1360

1.935

1.935

– Estremas:

Norte, leste e oeste: camiño.

Sur.

Concello

Polígono

Parcela

Titular

Maside

15

1342

García Vázquez, Sara

1345

González Castro, Maximino

1346

Fernández Pérez, David

1347

Álvarez Soutullo, Carmen

1348

Pérez Castro, Elsa

1349

García Vázquez, Sara

569

Fernández Fernández, Carmen

568

Gonzalez Álvarez, Emilia

564

Rodríguez Fernández, Juan

4ª parcela:

Concello

Polígono

Parcela

Superficie
castastral (m2)

Superficie en
clasificación (m2)

Maside

15

1398

24.699

24.699

– Estremas:

Norte.

Concello

Polígono

Parcela

Titular

Maside

15

1523

Álvarez Vázquez, Delmiro

1524

Pérez Castro, Generosa

1525

Fernández Pérez, Ricardo

1428

Fernández Soutullo, Carmen

Leste e sur: camiño.

Oeste.

Concello

Polígono

Parcela

Titular

Maside

15

1546

Fernández Pérez, Ricardo

1385

Castro Peña, José Luis

1388

En investigación

1389

Peña Álvarez, Camilo

1390

Fernández Pérez, Juan

1392

Fernández Pérez, Ricardo

1394

Férnandez Peña, Sara

1395

Fernández González, Adolfo

1396

1340

Veciños de Piñeiro

5ª parcela:

Concello

Polígono

Parcela

Superficie
castastral (m2)

Superficie en clasificación (m2)

Maside

15

1511

11.268

11.268

– Estremas:

Norte.

Concello

Polígono

Parcela

Titular

Maside

15

1502

Álvarez Soutullo, Carmen

1504

Álvarez Osorio, María

1505

Férnandez Fernández, Benigno

1506

Álvarez Vázquez, Carmen

1507

Álvarez Osorio, María

1508

Rodríguez Álvarez, Julio

1509

Álvarez Vázquez, Carmen

1510

Álvarez Peña, Edelmiro

Sur.

Concello

Polígono

Parcela

Titular

Maside

15

1526

En investigación

1527

Fernández Fernández, Carmen

1528

Rodríguez Álvarez, Luz

1529

En investigación

1530

Fernández Fernández, Carmen

1531

Pérez Castro, Josefa

Leste e oeste: camiño.

6ª parcela:

Concello

Polígono

Parcela

Superficie
castastral (m2)

Superficie en
clasificación (m2)

Maside

15

1582

4.441

4.441

– Estremas:

Norte.

Concello

Polígono

Parcela

Titular

Maside

15

1583

Fernández Lamas, Flora

1584

Fernández Pérez, David

1585

Férnandez Fernández, Carmen

Leste: camiño.

Sur.

Concello

Polígono

Parcela

Titular

Maside

15

1566

Pérez Castro, Elsa

1567

Vázquez, Ricardo

1579

Fernández Lama, Generosa

Oeste.

Concello

Polígono

Parcela

Titular

Maside

15

1587

Castro Fernández, Camilo

1588

Álvarez Osorio, Rosa

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei “son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas os membros daquelas na súa condición de veciños”.

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña disfrutando ao xurado provincial de clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Ampliación de San Paio a favor dos veciños San Paio, na parroquia de Piñeiro (San Xoán), no concello de Maside (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Ourense, 28 de febreiro de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense