Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2018 Páx. 16196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, para a contratación da subministración, instalación e posta en marcha de analizadores automáticos de medida de gases contaminantes no aire ambiente e dun captador gravimétrico secuencial de partículas, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe prioritario 05, prioridade de investimento 05.01, obxectivo específico 05.01.01 (2 lotes).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: r/ San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=285800

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 4/2018 CA.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en marcha de analizadores automáticos de medida de gases contaminantes no aire ambiente e dun captador gravimétrico secuencial de partículas.

c) División por lotes e número: si. 2 lotes: número 1.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de execución: número 12.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e número 8.3 do seu cadro de características.

e) Prazo de execución: número 12.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e número 8.1 do seu cadro de características.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 38344000-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 6.5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e número 10 do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 121.075,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 121.075,00 euros. Lote 1: 100.655,00 €, lote 2: 20.420,00 €. Importe total: 146.500,75 €. Lote 1: 121.792,55 €, lote 2: 24.708,20 €.

6. Garantías exixidas:

Definitiva (5 % do importe de licitación, excluído o IVE): lote 1: 5.032,75 €, lote 2: 1.021,00 €.

7. Subcontratación: número 19 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 6.5.5 do prego de cláusulas administrativas particulares e no número 5.2 do seu cadro de características.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o 16 de abril de 2018, ás 14.00 horas.

b) Modalidade: a sinalada no número 6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: r/ San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O dito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

10. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: r/ San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante a data e a hora de apertura dos sobres B.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 7 de marzo de 2018.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2018

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio