De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificado por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola instrutora do expediente sancionador.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70-2º, do termo municipal de Lugo.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Lugo, 14 de febreiro de 2018
Margarita López Blanco
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: LU-RES 2017/018.
Interesados: Anghel Marin e Viorel Matei.
Acto notificado: proposta de resolución.
Expediente: LU-RES 2017/021.
Interesados: Segar Viorel Marin e Violeta Marin.
Acto notificado: proposta de resolución.
Expediente: 2017/024.
Interesado: Octavio Zea Osorio.
Acto notificado: proposta de resolución.