Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 15947

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 13 de marzo de 2018 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 12 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

O día 8 de xaneiro de 2018, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 12 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (procedemento MR605A).

No seu artigo 24 precísanse as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto para o financiamento das ditas axudas e sinálase que as dotacións iniciais se poderán incrementar.

Dado que a dotación orzamentaria desa orde ascende á cantidade de 700.000,00 euros para o ano 2018 e 6.300.000,00 euros para o ano 2019, e posto que esa dotación é insuficiente tendo en conta o importe das solicitudes recibidas, cómpre, mediante esta orde, ampliar a dotación orzamentaria das anualidades 2018 e 2019 para a concesión das mencionadas axudas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Incremento de crédito

1. Ampliar a dotación orzamentaria asignada á Orde do 12 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018, con cargo ás dispoñibilidades orzamentarias existentes na aplicación 13.02.713B.770.0 por importe de 5.075.000,00 euros, nas seguintes anualidades:

– Ano 2018: 507.500,00 euros.

– Ano 2019: 4.567.500,00 euros.

Como resultado desta ampliación, o orzamento total asignado á presente orde é o seguinte:

– Ano 2018: 1.207.500,00 euros na aplicación orzamentaria 13.02.713B.770.0.

No código de proxecto 2016 00209: 1.035.000,00 euros.

No código de proxecto 2016 00210: 172.500,00 euros.

– Ano 2019: 10.867.500,00 euros na aplicación orzamentaria 13.02.713B.770.0.

No código de proxecto 2016 00209: 9.315.000,00 euros.

No código de proxecto 2016 00210: 1.552.500,00 euros.

Como consecuencia tamén se modifica a distribución do crédito establecida no punto 1, alínea b) do artigo 10 como segue:

b) Dentro de cada tipo de beneficiario, segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

b.1. Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).1º (rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa antes da actuación inferior a 15 cm): 5.175.000,00 euros.

b.2. Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).2º (rozas e podas en masas de coníferas): 5.175.000,00 euros.

b.3. Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).1º (tratamentos silvícolas de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio inferior a 20 cm): 862.500,00 euros.

b.4. Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).2º (rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros): 862.500,00 euros.

Esta dotación poderá ser incrementada con fondos comunitarios, do Estado, ou da Comunidade Autónoma.

2. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 2. Ausencia de efectos sobre o prazo de solicitudes

O incremento de crédito previsto no artigo 1 desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 12 de decembro de 2017 (DOG núm. 5, do 8 de xaneiro de 2018).

Artigo 3. Recursos

A presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderá ser impugnada potestativamente en reposición no prazo dun mes desde a súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ser impugnada directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo o disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.

Disposición derradeira

Esta orde terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2018

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural